XESTIÓN E INFORMACIÓN AMBIENTAL

Servizos

Encargámonos de redacción de plans de conservación de especies ameazadas, de proxectos para a recuperación de ecosistemas alterados, proxectos para o control de procesos de erosión de ribeiras fluviais, do deseño e instalación de balsas decantadoras de sedimentos, na instalación de illas flotantes para aves ou do deseño e execución de microrreservas para a conservación de invertebrados protexidos.

As especies invasoras son unha das maiores ameazas para a conservación dos ecosistemas naturais e a biodiversidade. En Ecoplanin temos experiencia na detección, inventariado e control de distintas especies alóctonas invasoras especialmente no caso da herba da Pampa (Cortaderia selloana), acacias e mimosas (Acacia spp.), a orella de gato (Tradescantia fluminensis) e as que afectan aos sistemas dunares.

En Ecoplanin encargámonos do deseño e execución de proxectos para facilitar o goce e coñecemento da natureza por parte dos visitantes aos espazos naturais. Así temos deseñado centros de interpretación ambiental, parques botánicos, áreas interpretativas en espazos da Rede Natura, observatorios de aves, áreas de observación do ceo nocturno con Planisferios Astronómicos Starlight e deseñado e sinalizado itinerarios e sendeiros no medio natural.

Relacionados con estes traballos de posta en uso público de espazos naturais realizamos traballos de construción ou restauración do elementos do patrimonio etnográfico como muíños, pontellas, valados de pedra ou peches de madeira.

Ecoplanin encárgase do deseño e realización de paneis interpretativos, trípticos, folletos e outros materiais divulgativos como de guías, manuais e publicacións así como da ilustración e fotografía. Ademais incorporamos os servizos técnicos de empresas colaboradoras para a aplicación da tecnoloxía Drone /UAV para a obtención de fotografías e vídeos 4K.

Encargámonos de deseñar e desenvolver programas de educación ambiental e da preparación e realización de obradoiros didácticos así como da preparación de conferencias e congresos e da programación e impartición de cursos de formación especializados (especialmente os relativos ao manexo e control de especies invasoras).

En base á nosa experiencia técnica no Parque Nacional ofrecemos o guiado de grupos co obxectivo de dar a coñecer os seus distintos proxectos de conservación.

Ecoplanin, Xestión e Información SL é unha empresa con máis de 25 anos traballando no deseño de actividades e solucións relacionadas coa natureza en Galicia e en especial no actual Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Así traballamos nos distintos arquipélagos en proxectos para a conservación de fauna (anfibios, réptiles ou invertebrados) e na conservación da vexetación (en especial no control de especies invasoras).

En base a esta longa experiencia técnica e científica de traballo no Parque Nacional ofrecemos no ámbito do ecoturismo o guiado de grupos co obxectivo de dar a coñecer os distintos proxectos de conservación que se executaron ou están en proceso na actualidade tanto da nosa de empresa como desenvoltos por outros profesionais e científicos.

A nosa metodoloxía aprovéitase das actuais posibilidades do universo dixital de cámaras bridge con ópticas de ata 80x nas que os participantes comparten en tempo real as distintas observacións nos seus dispositivos móbiles das especies que se obteñen durante a visita. Desta forma nos nosos roteiros obtense unha experiencia activa de observación e coñecemento directo da natureza destas illas.