Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental S.L.

Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental S.L. é unha empresa especializada no deseño e execución de estratexias e solucións sustentables en favor do medio ambiente dende 1998 para administracións, empresas e particulares.

O ámbito de traballo de Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental S.L. enmárcase na prestación de servizos especializados no campo do medio natural, incluíndo proxectos para desenvolver nos espazos de Rede Natura 2000, tramitación de subvencións, plans restauración ambiental e de eliminación de especies exóticas e o deseño e execución de proxectos para o uso público da natureza como programas de educación ambiental, parques botánicos, áreas interpretativas, observatorios de aves así como o deseño, interpretación e sinalización de itinerarios e sendeiros no medio natural.

DESCUBRE OS NOSOS SERVIZOS