En base á nosa experiencia técnica no Parque Nacional ofrecemos o guiado de grupos co obxectivo de dar a coñecer os seus distintos proxectos de conservación.

Ecoplanin, Xestión e Información SL é unha empresa con máis de 25 anos traballando no deseño de actividades e solucións relacionadas coa natureza en Galicia e en especial no actual Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Así traballamos nos distintos arquipélagos en proxectos para a conservación de fauna (anfibios, réptiles ou invertebrados) e na conservación da vexetación (en especial no control de especies invasoras).

En base a esta longa experiencia técnica e científica de traballo no Parque Nacional ofrecemos no ámbito do ecoturismo o guiado de grupos co obxectivo de dar a coñecer os distintos proxectos de conservación que se executaron ou están en proceso na actualidade tanto da nosa de empresa como desenvoltos por outros profesionais e científicos.

A nosa metodoloxía aprovéitase das actuais posibilidades do universo dixital de cámaras bridge con ópticas de ata 80x nas que os participantes comparten en tempo real as distintas observacións nos seus dispositivos móbiles das especies que se obteñen durante a visita. Desta forma nos nosos roteiros obtense unha experiencia activa de observación e coñecemento directo da natureza destas illas.