Na área de actuación existía acumulacións de entullo e restos de refugallos, que foron retirados e realizouse con motodesbrozadora a limpeza dos camiños cun largo medio de 2 m, incluso poda de árbores que entorpecían o paso e trituración dos restos. Os restos vexetais sobrantes foron recollidos para a súa correcta xestión e reciclaxe.
Realizouse tamén a limpeza de elementos hidráulicos, adecuación das canles, mediante recolocación das súas pezas pétreas, limpeza dos puntos de captación de auga e contorna e a consolidación e limpeza de valados do mosteiro.
Creouse tamén unha miradoiro na parte máis elevada da área e instaláronse asentos aproveitando a vista panorámica privilexiada de toda a contorna así como un pequeno valado perimetral do miradoiro. Estes elementos foron fabricados en madeira de castiñeiro local e foron independizados do substrato mediante zapatas de pedra e formigón e tratados con lasur para unha mellor conservación.
No ámbito de actuación instalouse a sinalización necesaria para a orientación e información da poboación, xunto coa interpretación do patrimonio histórico e natural especialmente relativos a lagoa de Antela e o mosteiro de Trandeiras.
O proxecto contou cunha subvención a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia.
O proxecto incluíuse actuación dirixida á creación de áreas recreativas, así como os investimentos necesarios orientados a proporcionar o equipamento de información e interpretación adaptados ás características dos espazos naturais, como elementos interpretativos, paneis informativos, observatorios ou elementos de análoga natureza asociados ás rutas ou ás áreas de uso público destinadas a visitantes ou habitantes.