Restauración ambiental

Traballos para restaurar os hábitats das illas Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto transnacional ‘LIFE insular’. A actuación consiste na retirada de especies exóticas invasoras nos tres arquipélagos. O obxectivo principal da iniciativa, con participación galega, canaria e irlandesa, é implementar unha estratexia de conservación sostible das dunas costeiras e dos queirogais secos presentes en espazos insulares atlánticos pertencentes á Rede Natura 2000 co reto de reverter a situación da súa paisaxe á de fai 70 anos.