Xoves exploradores; Sensibilización Ambiental para escolares na Natureza

O proxecto deu lugar a unha experiencia na natureza na que se ten como obxectivo principal que cada neno teña unha experiencia de aventura nun entorno natural onde poida manipular realidades naturais en contraposición a unha vida ordinaria onde predomina o dixital e virtual. Outro obxectivo é que esta experiencia supoña unha actividade lúdica como consecuencia do descubrimento e da exploración.

Os participantes foron 1000 escolares de Ensino Primario (de idades aproximadas de 6 a 12 anos) do Concello de Vigo e desenvolveuse na contorna do Parque Forestal do Vixiador.

Os escolares eran recibidos polos monitores ao pe dos autobuses e logo se lles sitúa xeograficamente e se lles fai entrega dun “Mapa-guía”. Nel figurarán un mapa do espazo e os principais medios que nel ían a coñecer . Neste mapa está trazado un itinerario que os escolares terán que percorrer e os puntos concretos a onde teñen que chegar. Divididos en grupos chegarán a cada un destes puntos onde terán que superar unha proba de exploración ou rastreo.

Punto primeiro: Rastreo de pegadas na lama.

O escolar tiña que identificar unha serie de pegadas e rastros no substrato arxiloso. Estas pegadas erán recreadas con anterioridade á chegada dos nenos mediante tampóns específicos. As pegadas a reproducir foron as de: can doméstico, gato doméstico, raposo, ourizo, garza cinsenta, lavandeira.

 

Punto segundo: Rastreo de excrementos.

O escolar tivo que atopar e identificar unha serie de excrementos. Logo de atopalos tivo que deducir o tipo de alimentación que ten o animal que deu lugar as deposicións. Unha parte dos excrementos foi esterilizada previamente para a súa manipulación. Os excrementos a estudar foron de raposo, coello, peto verde, ourizo.

 

Punto terceiro: Rastreo de sementes e froitos comidos e sinais de actividade

O escolar tivo que atopar unha serie de restos de alimentación e actividade nun área do espazo. Os froitos e sementes foron piñas rilladas por esquíos, landras rilladas por ratos de campo, landras traballadas por ferreiriños, polas de piñeiro traballados por petos carpinteiros, mazas rilladas por ratos de campo, castañas rilladas por micromamíferos.

 

Punto cuarto: Rastreo de plumas.

O escolar debeu atopar e identificar unha serie de plumas así como interpretar unha “escena do crime” onde un azor desplumou a unha pega antes de levala ao niño. Moita rapaces só se alimentan da cabeza da presa e levan o resto as súas crías. As especies a tratar foron: a pega, o gaio, a pomba e a merla.

 

Punto quinto: Rastreo de exuvias.

O escolar debeu atopar as últimas mudas das libeliñas nacidas no entorno do pequeno humidal e identificar a especie á que pertence.

 

Punto sexto: Subir a un niño de ave nunha árbore.

Os escolares subiron asegurados con arneses, liña de vida e casco a unha árbore para observar un niño de ave (pega) onde observará a súa estrutura e comprobará a existencia de ovos no seu interior.

 

Punto sétimo: Identificación de cantos de aves silvestres.

O escolar tiña que identificar unha serie de cantos de aves que escoitará no mesmo hábitat da especie. As distintas voces foron reproducidas por medios dixitais e ao tempo se lle presentarán imaxes da especie estudada. Os cantos e voces corresponderán á merla, pisco, carriza e avelaiona.

Ano

2017

Tipoloxía

Cliente

Concello de Vigo