O proxecto tivo como obxecto a posta en valor e divulgación dos elementos etnográficos localizados no xardín histórico do pazo Quiñones de León mediante a fabricación e instalación de elementos expositivos -paneis, cartelería e trípticos- para que a cidadanía e visitantes ocasionais coñezan un patrimonio pouco difundido que forman parte inseparable do parque de Castrelos que configuran a súa esencia como un elemento do patrimonio cultural.
Con isto se mellorou a accesibilidade á nova sinaléctica potenciando mobilidades alternativas mediante a localización máis axustada da cartelería a estas e unificou o discurso narrativo da sinaléctica do parque mediante a substitución da cartelería existente nos xardíns intramuros por unha nova acorde con técnicas de interpretación ambiental que incorpore os elementos etnográficos de todo signo localizados ó longo dos xardíns e facer accesible o seu coñecemento a todo tipo de visitantes mediante a utilización de outras claves comunicativas.
Os paneis realizáronse cunha estrutura de aceiro autopatinable de tipo cortén.