Restauración da vexetación dunar autóctona da praia da Xunqueira

O proxecto centrouse no control de máis de media ducia de especies invasoras do areal. Un dos primeiros traballos consistiu na eliminación total da herba da Pamba (Cortaderia selloana). Para a súa eliminación foi preciso a arrinque total da planta para evitar o regromo. Na praia da Xunqueira foron eliminados máis de 20 pés de gran tamaño desta especie; algún deles superou os 80 kg de peso. Anteriormente ás tarefas de eliminación xeorreferenciáronse as especies autóctonas de maior interese bioxeográfico para asegurar a súa conservación durante os traballos e o seguimento posterior.

Ano

2024

Tipoloxía

Cliente

Concello de Moaña