Proxecto para a preservación do sistema dunar e da marisma da ZEC de A Ramallosa

O proxecto tivo como obxectivos executar medidas para a preservación do sistema dunar da Praia de Ladeira coa eliminación de accesos tradicionais coa colocación de barreiras de madeira tratada para exteriores e paneis explicativos da medida, o axeitamento doutro dos accesos a praia mediante a instalación dunha pasarela elevada para a libre circulación da area por baixo dela, a eliminación dos focos de especies exóticas e rudeiras aparecidas dentro da duna cercada, especialmente Arcotheca caléndula e Stenotaphrum secundatum

Para a preservación da marisma, na desembocadura do río da Groba procedeuse a limitación de acceso á marisma mediante cercado; creouse un punto de información sobre o espazo así como a eliminación de dous importantes focos de Cortaderia selloana e Arundo donax.

O proxecto beneficiouse das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia.

Actuacións dirixidas consideráronse como as propias para a preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais: 1º. Actuacións para a preservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario ou de hábitats de especies prioritarias, ameazadas ou de interese comunitario; especialmente nos puntos:

  1. Creación de cercados naqueles casos en que sexa recomendable a limitación de acceso a persoas ou gando a unha determinada superficie para a protección das augas ou do solo, así como outras obras necesarias para facilitar a conservación dos hábitats.
  2. Eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica do espazo.

Ano

2020

Tipoloxía

Cliente

Concello de Baiona