O proxecto tivo orixe no contrato de asistencia técnica para a elaboración do plan de recuperación e de conservación do caranguexo de río (Austropotamobius pallipes (Mateus)) incluído no Catálogo galego de especies ameazadas.
O plan de xestión constou dunha parte relativa ó diagnóstico da situación da especie e outra relativa á planificación e estratexia de conservación.
Como resultado do diagnóstico determinouse a persistencia de 7 metapoboacións illadas entre elas e localizadas todas elas na provincia de Lugo.
A estratexia de conservación e recuperación de poboacións de cangrexo autóctono en Galicia estableceu os seguintes puntos:
- Conservación e seguimento de poboacións actuais de cangrexo autóctono, e protección do seu hábitat.
- Limitación da propagación de cangrexos introducidos dentro da área potencialmente recuperable polo cangrexo autóctono.
- Recuperación progresiva das poboacións de cangrexo autóctono dentro da súa área de distribución potencial.
- Limitación da perda ou deterioración do hábitat e recuperación do mesmo dentro da área potencialmente recuperable polo cangrexo autóctono.