Parque botánico do Arco da Vella

O proxecto tivo distintas etapas na súa execución.

Inventario e recollida de información:

O proxecto principiou coa realización de inventarios florísticos, faunísticos e arqueolóxicos e a recollida de patrimonio inmaterial.

  • Inventario florístico: identificación de especies fanerógamas e pteridófitas e proposta de localización de puntos de interpretación para as mesmas.
  • Inventario faunístico: identificación da fauna do lugar e proposta de localización de puntos de interpretación para as mesmas.
  • Baleirado documental no Arquivo Histórico Provincial, baleirado bibliográfico, baleirado de información toponímica e consulta de inventario patrimonial do Concello de Vigo, con proposta de localización de puntos de interpretación histórica.
  • Inventario dos xacementos arqueolóxicos próximos. E proposta de interpretación arqueolóxica.
  • Recollida de historia oral e patrimonio inmaterial a través de entrevistas a veciños, sendo recollidas en formato dixital (lendas, usos etnobotánicos, historia recente, etc.)

Definición do trazado:

  • Recoñecemento do terreo, trazado dun percorrido circular e xeorreferenciación do mesmo. Tendo en conta os elementos de interese e a existencia de camiños en uso público.
  • Zonificación de especies invasoras: Identificación, localización e distribución de especies exóticas invasoras na área do proxecto. Como base para poder definir programas posteriores de voluntariado ambiental e propostas para a súa interpretación e concienciación social dentro do parque botánico.

 

Adecuación da senda:

  • Desbroce selectivo nas zonas necesarias e eliminación de obstáculos e adecuación mediante raspado superficial de pequenas sendas de acceso a elementos de interese.
  • Mesas interpretativas.
  • Balizas interpretativas e direccionais.
  • Sinais de estrada.

 

Obradoiros e visitas ambientais:

Para a poste en uso e publicidade do Parque Botánico do Arco da Vella realizáronse 6 obradoiros con 3 monitores e un aforo máximo de 60 participantes simultaneamente.

Ano

2019

Tipoloxía

Cliente

Entidade Local Menor de Bembrive