O proxecto consistiu na creación dun observatorio de natureza na parroquia de San Martiño de Borreiros, no esteiro do Río Miñor. O observatorio é unha edificación que conta con TIC´s para a interpretación dos elementos e singularidade de patrimonio natural e etnográfico. Estas TIC´s son unha audioguía interpretativa, unha guía virtual de aves e un enlace cun mapa interactivo do espazo natural. O deseño do observatorio obedece a unha instalación de accesibilidade universal de forma que sexa útil para todas as persoas independentemente da súa capacidade física. As principais características deste observatorio para facelo aos usuarios en cadeira de rodas foron: unha rampla de acceso cunha pendente menor ao 8 %; ancho de porta suficiente; espazo suficiente dentro da instalación para permitir que un usuario de cadeira de rodas se poida mover segundo sexa necesario; e unha xanela sen banco para cadeira de rodas ten unha proxección para deixar un espazo libre para pernas e xeonllos debaixo do estante e a xanela de visualización.