LIFE INSULAR. Eliminación de especies exóticas no Parque Nacional.

Servizo para eliminación de especies exóticas invasoras no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas atlánticas de Galicia no marco do chamado LIFE Insular, un proxecto transnacional cunha vixencia de 5 anos e que ten como fin acadar a restauración integrada dos hábitats insulares dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora. En concreto os traballos consisten na eliminación e control, mediante métodos manuais, de especies exóticas invasoras de flora. As actuacións afectan a unha superficie total de 145,6 hectáreas.

Cómpre subliñar que o obxectivo principal do proxecto LIFE Insular é promover un estado de conservación favorable dos hábitats de illas pertencentes á Rede Natura 2000 no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático. A tal fin, púxose o foco de atención sobre 8 Zonas de Especial Conservación localizadas en 5 illas que son —ademais das tres galegas xa citadas— La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.

O papel de coordinadora dos traballos recae sobre a Universidade de Santiago de Compostela, mentres que o Goberno galego, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, se encargou da execución técnica. Os outros socios que se beneficiarán do proxecto europeo son o Organismo Autónomo de Parques Nacionais e, pola parte irlandesa, o Department of Housing, Local Government and Heritage e o Coillte CGA.

Para acadar estes obxectivos, o proxecto actúa sobre os hábitats 2130 e 4030, correspondentes ás dunas costeiras con vexetación herbácea e aos queirogais secos europeos (queirugais).

Ano

2022 -2023

Tipoloxía

Cliente

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda