Dende a colmatación da lagoa de Orbenlle, e a práctica extinción dela de aves acuáticas niñificantes, as maiores masas de auga que se poden atopar no espazo protexido das Gándaras de Budiño corresponde as antigas explotación de arxilas e caolíns.
Estas barreiras, que potencialmente poderían chegar a suplir en gran parte a perda de avifauna, teñen a limitación actual de contar con moi poucas posibilidades para que as aves instalen os seus niños.
A instalación de plataformas flotantes tense amosado como o xeito máis doado de crear medios propicios para a niñificación. Foi por iso que se procedeu a fabricación e instalación de dúas illas flotantes vexetadas na barreira de A Granxa.
As balsas vexetadas de 3 x 3 m con flotadores macizos subacuáticos de poliestireno encapsulado, con bastidor en madeira, cadea e morto de formigón.