Estruturas para o uso público do medio natural de Redondela

Realizáronse diversos traballos para o Concello de Redondela relacionados co uso público dos espazos naturais de competencia municipal.

Entre outros:

  • Instalación de valados de madeira tratada para exteriores en autocrave composta de rollizos de 150 cm e 12 de diámetro e travesas de 8 cm de diámetro. Con cimentación de hata 50 cm ou bases metálicas e torneis de aceiro inoxidable.
  • Fabricación pasarelas móviles con 3 cordas sintética interiores en pino vermello raiado e autocravado.
  • Fabricación e colocación de frechas direccionais de madeira tratada en autocrave sobre poste de madeira tratada cm realizado en madeira e metacrilato rotulado por detrás con tintas resistente aos raios UVA.
  • Cancela de acceso ás fincas particulares dende camiño público en madeira tratada e torneis de aceiro inoxidable. Bisagras e peche.
  • Reparación de muros de pedra existentes nas ribeiras do río Maceiras coa pedra existente.
  • Contenedor para cristais de madeira tratada exteriores. Tapa practicable para facilitar a extracción de residuos. Deseño e impresión de panel cunha superficie interpretativa, sobre chapa metálica, tintas resistentes á radiación e laminado de protección.
  • Instalación de pezas antideslizantes de pino tratado para exteriores en autocrave cepilladas e tratadas na súa cara superior e laterais con poliuretano de dous componentes con sílice e fixadas con tornillos de aceiro inoxidable sobre pasarelas e pontes existentes.

Ano

2021

Tipoloxía

Cliente

Concello de Redondela