Durante os traballos de campo da primavera de 2023 no control de cangrexo americano no encoro de Abegondo – Cecebre atopamos Crassula helmsii; unha especie invasora semiacuática. Esta supón a la primeira evidencia da presenza da especia na Península Ibérica. O dato foi publicado dentro do estudo titulado First record of the semi-aquatic invasive plant Crassula helmsii in the Iberian Peninsula and its potential link to invasion by the crayfish Procambarus clarkii na revista científica Biological invasions tendo como autores a Jaime Fagúndez, Miguel A. Fernández, Anxo Balado, Eva Martínez-Veiga e María J. Servia. No artigo, ademais de dar noticia da nova presenza, proponse a presenza da especie como exemplo de multiinvasión ao atoparse unha correlación positiva da densidade de Procambarus clarkii e a de Crassula helmsii. O cangrexo facilitaría a invasión da planta, principalmente fragmentando os talos e promovendo o medre clonal, tendo un efecto negativo sinérxico sobre o encoro de Abegondo-Cecebre.