Control medioambiental de traballos de restauración en explotacións mineiras.

Estes traballos de control realízanse nos proxectos de restauración de solos e zonas afectadas pola minería nas provincias de Lugo e Pontevedra dentro do Plan de Recuperación, transformación e resilencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – Next Generation EU. Os controis establecen a situación preoperacional existente na contorna, desde o punto de vista ambiental establecendo a situación previa do ámbito para afectar, en relación ao seu estado de conservación. Posteriormente valórase a eficacia das diferentes medidas correctoras implantadas durante as obras e valórase a integración final das mesmas na contorna. Durante os controis determínase a situación de fauna e flora, a evolución da calidade das augas mediante analíticas, a fraccion PM10 da materia particulada en suspensión cun Medidor de partículas PCE-RCM 10 e tamén se avalía a emisión de ruídos e a súa propagación nos arredores da zona para restaurar mediante o emprego de sonómetro Trotec GmbH modelo SL 400.

Ano

2024

Tipoloxía

Cliente

Grupo Tragsa