Balsa decantadora vexetada para o control de sedimentos nas Gándaras de Budiño

A construción da balsa tivo como obxectivo o control da entrada de sedimentos dende a beira sur na lagoa de Budiño. Conta cunha cubeta de formigón onde ten lugar a precipitación e separación da auga dos materiais de maior grosor como gravas e areas. Os materiais máis finos, como arxilas, sedimentan no fondo da charca artificial conectada onde a presenza de macrófitos favorece este feito. A auga que finalmente sae do sistema cara a lagoa vai practicamente libre de sedimentos. A cubeta de formigón é periodicamente librada destes sedimentos.

O estanque – decantador vexetado ocupa unha superficie aproximada de 16 m2. A cubeta decantadora impermeable elaborouse con bloque de formigón ten unha capacidade de 5 m3 para decantación de gravas e areas.

Instalouse tamén un panel explicativo da función de corrección dos aportes á lagoa mediante esta balsa, unha valado de madeira mediante estacas de salgueiro local para o diminuír da forza e velocidade da entrada de auga na balsa e unha barreira perimetral para controlar do acceso aos visitantes. A balsa amosouse como un punto importante para a reprodución de anfibios e na cubeta de formigón foron instaladas ramplas para a saída de fauna que puidese entrar accidentalmente.

Ano

2008

Tipoloxía

Cliente

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia