Caracterización da comunidade de odonatos da Xunqueira de Alba

O proxecto tivo como obxectivo realizar un estudo das especies das libélulas (odonata) presentes no ENIL Xunqueira do Alba e establecer as pautas básicas de xestión para a axeitada conservación das especies singulares.

Para dar a coñecer os resultados do estudo editouse, en formato papel e dixital, a Guía dos odonatos da Xunqueira de Alba. No estudo detectáronse un total de 29 especies de odonatos.

Para as xornadas de campo do campo empregáronse principalmente os prismáticos para a observación de pequenos detalles. Nalgunhas ocasión foi preciso a captura de exemplares cunha manga entomolóxica de boca ancha. Para cada xornada rexistráronse as condicións meteorolóxicas incluíndo temperatura, nebulosidade, e intensidade e dirección do vento.

Como métodos complementarios de estudo e para comprobar a reprodución das especies recolectáronse exuvias nas marxes e vexetación das ribeiras e nalgúns casos animais adultos foron marcados sobre as ás con pequenos rotuladores de tinta permanente preto da base da á.

As libélulas son un grupo fermoso e interesante de animais que, a diferenza doutros grupos de insectos, agás talvez das bolboretas, permiten en moitos casos a identificación a nivel específico, mediante a súa observación directa, sen precisar da súa captura. Isto permite que as xornadas no campo sexan semellantes as que desenvolven os observadores de aves e de feito, nos últimos anos os naturalistas interesados neste grupo é cada vez máis numeroso.

 

Guia de Odonatos do ENIL Xunqueira de Alba

 

 

Ano

2012

Tipoloxía

Cliente

Concello de Pontevedra