Publicación sobre el Patrimonio Natural del Río Miño Internacional

O proxecto tivo como obxectivo elaborar unha publicación que permita dar a coñecer os valores naturais e faunísticos asociados ao río Miño na súa bacía internacional.

A publicación incluíu información sobre os espazos naturais da zona, tanto do lado portugués como galego; información sobre os hábitats e especies mais destacadas presentes, con especial interese nas ameazadas; problemáticas ambientais asociadas e ameazas; aproveitamentos dos recursos naturais do río Miño; información sobre recursos turísticos asociados ao patrimonio natural; e localización sobre mapas dos principais espazos naturais, itinerarios recomendados e puntos de observación. Estes últimos contan cun QR asociado para a súa rápida localización. A publicación realizouse en dúas versión bilingües: galego – inglés e portugués – castelán.

O traballo forma parte do proxecto “Río Miño: Un destino navegable”, seleccionado polo programa de cooperación Interreg V A España – Portugal (POCTEP), cofinanciado por FEDER.

No proxecto transfronteirizo, con ámbito de actuación en Galicia e o Norte de Portugal, ademais da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, participaron Turismo do Porto e Norte de Portugal, E.R. e a Axencia do Turismo de Galicia.

O proxecto ten como obxectivo poñer en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do Baixo Miño/Río Minho e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.

Ano

2021

Tipoloxía

Tipoloxía

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia.

630 61 95 84

ecoplanin@gmail.com

Tercio de Afora nº9
36204 Vigo

Ecoplanin xestión e información ambiental S.L. · Todos os dereitos reservados