Plan de recuperación e de conservación do cangrexo de río

O proxecto tivo orixe no contrato de asistencia técnica para a elaboración do plan de recuperación e de conservación do caranguexo de río (Austropotamobius pallipes (Mateus)) incluído no Catálogo galego de especies ameazadas.

O plan de xestión constou dunha parte relativa ó diagnóstico da situación da especie e outra relativa á planificación e estratexia de conservación.

Como resultado do diagnóstico determinouse a persistencia de 7 metapoboacións illadas entre elas e localizadas todas elas na provincia de Lugo.

A estratexia de conservación e recuperación de poboacións de cangrexo autóctono en Galicia estableceu os seguintes puntos:

  1. Conservación e seguimento de poboacións actuais de cangrexo autóctono, e protección do seu hábitat.
  2. Limitación da propagación de cangrexos introducidos dentro da área potencialmente recuperable polo cangrexo autóctono.
  3. Recuperación progresiva das poboacións de cangrexo autóctono dentro da súa área de distribución potencial.
  4. Limitación da perda ou deterioración do hábitat e recuperación do mesmo dentro da área potencialmente recuperable polo cangrexo autóctono.

Ano

2010

Tipoloxía

Tipoloxía

Dirección Xeral de Medio Ambiente, Xunta de Galicia

630 61 95 84

ecoplanin@gmail.com

Tercio de Afora nº9
36204 Vigo

Ecoplanin xestión e información ambiental S.L. · Todos os dereitos reservados