Plan de recuperación da Aguia real (Aquila chysaetos) en Galicia.

Como resultado do plan se determinou o número de parellas reprodutoras seguras da especie obtidas en territorio galego en 6 (5 en Ourense e 1 en Lugo), o que unido ás 3 parellas probables e 1 posible (todas na provincia de Ourense) representou unha poboación potencial de 6-10 parellas. As Serras Orientais de Galicia, con 4 parellas seguras, foron a área máis importante para a especie, seguida dos canóns do río Sil e o Macizo Central Ourensán, con 1 parella respectivamente. As cifras totais, se se teñen en conta os territorios limítrofes de Castela e León e norte de Portugal, son de 7 parellas seguras, 7 probables e 4 posibles, o que representaría unha poboación potencial de 7-18 parellas.

O plan contempla a necesidade de ter en conta áreas limítrofes onde as aguias desenvolven os seus ciclos vitais coa necesaria coordinación entre administracións de territorios veciños. As medidas de conservación baseadas unicamente na protección dos lugares de nidificación son consideradas inadecuadas para as grandes falconiformes, xa que a maioría dos espazos protexidos son demasiado pequenos para soportar poboacións viábeis.

O obxectivo básico do Plan de Recuperación foi o de consolidar os territorios actualmente ocupados e iniciar a colonización progresiva dos territorios abandonados e proporcionar un hábitat axeitado para o desenvolvemento dos ciclos biolóxicos da Aguia real en Galicia.

Para acadalo determinou a necesidade de incrementar o número de exemplares coa finalidade de conseguir un núcleo poboacional estable e suficiente na súa área de distribución actual galega que garanta a súa viabilidade demográfica e xenética.

Ano

2008

Tipoloxía

Tipoloxía

Dirección Xeral de Medio Ambiente, Xunta de Galicia

630 61 95 84

ecoplanin@gmail.com

Tercio de Afora nº9
36204 Vigo

Ecoplanin xestión e información ambiental S.L. · Todos os dereitos reservados