Infraestruturas de uso público no humidal protexido Complexo Intermareal Umia

O obxectivo deste proxecto foi a creación de espazos formativos útiles para actividades de educación ambiental e actuacións que melloren a seguridade dos visitantes que se acheguen a coñecer os valores ambientais da zona.

Para iso creáronse sete observatorios ornitolóxicos ao longo do espazo protexido: tres no istmo de A Lanzada no concello de O Grove, un no Concello de Cambados, en Punta Insuiña, outro no Concello de Cambados, en Punta Arfolín, e dous na na Illa de Arousa, en Punta Carreirón.

Os observatorios dotáronse dun equipamento composto por paneis interpretativos sobre a avifauna do espazo natural, para contribuír á creación de espazos formativos útiles para actividades de educación ambiental. Os paneis foron fabricados e aluminio galvanizado pintado ao forno cun acabado final de resinas transparentes con curado ao forno de protección UV e antigraffiti.

Os paneis foron individualizados para cada observatorio de acordo as características das especies mais facilmente observables en cada un deles. En total deberán empregáronse as imaxes das 32 especies mais comúns no espazo natural:

  • Anátidas (6 especies): pato rabilongo (Anas acuta), pato cullerete (Anas clypeata), cercetareal (Anas crecca), pato asubión (Anas penelope), lavanco (Anas platyrhynchos) e pato cincento (Anas strepera)
    Garzas (3 especies): garza real (Ardea cinerea), garzota grande (Egretta alba) e garzota (Egretta garzetta).
  • Limícolas (13 especies): Bilurico bailón (Actitis hypoleucos), Virapedras (Arenaria interpres), Pilro común (Calidris alpina), Píllara real (Charadrius hiaticula), Gabita (Haematopus ostralegus), Mazarico rubio (Limosa lapponica), Mazarico rabinegro (Limosa limosa), Mazarico real (Numenius arquata), Mazarico chiador (Numenius phaeopus), Píllara dourada (Pluvialis apricaria), Píllara cincenta (Pluvialis squatarola), Bilurico claro (Tringa nebularia) e Bilurico (Tringa totanus).
  • Gaivotas (6 especies): gaivota cana (Larus canus), gaivota escura (Larus fuscus), gaivotón (Larus marinus), gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), gaivota patiamarela (Larus michahellis) e gaivota chorona (Larus ridibundus)
  • Cullereiro (Platalea leucorodia)
  • Picapeixe (Alcedo atthis)
  • Lontra (Lutra lutra), inda que non é un ave e unha especie que en ocasións é posible ver dende algúns dos observatorios polo que é recomendable incluíla.

 

Toda a información contida nos paneis dispúxose en Galego e Castelán.

Os paneis contaron tamén cunha seria de QR para a acceder a unha aplicación para a situación dos conxunto de observatorios e para a descarga dunha guía de aves do litoral así como de indicacións para a iniciación á observación de aves.

Por outra parte o proxecto contemplou o acondicionamento do sendeiro litoral Cambados Umia – O Grove mediante a colocación de postes de madeira a modo de balizas de sinalización da ruta (30) repartidas ao
longo de todo o percorrido, a colocación de frechas de sinalización (20) en tódolos cruces de posible confusión; sinais de restrición de acceso a vehículos nos tramos de senda non pavimentados e mesas interpretativas sobre os valores ambientais do humidal protexido.

Ademais procedeuse á das marxes do sendeiro onde foi necesario para o mantemento da senda e ao control de especies exóticas localizadas nas mesmas marxes.

O proxecto contou coa cofinanciación nun 80% pola Unión Europeas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Ano

2021

Tipoloxía

Tipoloxía

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Xunta de Galicia

630 61 95 84

ecoplanin@gmail.com

Tercio de Afora nº9
36204 Vigo

Ecoplanin xestión e información ambiental S.L. · Todos os dereitos reservados