Área Recreativa da Serra do Candán

O proxecto consistiu na creación dunha área recreativa no Camiño de Santiago para situar, informar e interpretar aos visitantes e turistas dos espazos protexidos a Serra do Candán, a Serra do Cando, as Brañas de Xestoso, a Fraga de Catasós e o curso alto do río Lérez.

A Área recreativa, delimitada por un valado realizado en madeira tratada en autoclave para exteriores, conta no seu interior con un lavadoiro recuperado ao que se lle dotou dunha cuberta de tella sobre unha arquitectura tradicional en madeira.

Para cumprir a función de interpretación dos valores naturais e patrimoniais dos espazos naturais a área foi dotada cunha serie de paneis informativos e interpretativos. Os paneis ademais de conter textos interpretativos sobre a natureza dos espazos conta con materias descargables mediante QR como trípticos, vídeos e unha audioguía. A área ten asociados unha sería de sinais de estrada, para indicar a súa presenza, fabricados en aceiro galvanizado e con impresións reflectoras.

Este proxecto contou cunha subvención con cargo ás axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia.

O proxecto, incluíuse dentro das actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos; no punto Creación de rutas e áreas recreativas, así como os investimentos necesarios orientados a proporcionar o equipamento de información e interpretación adaptado ás características dos espazos naturais como elementos interpretativos, paneis informativos, observatorios, ou elementos de análoga natureza asociados ás rutas ou ás áreas relacionados coa mellora do carácter de utilidade pública de Natura 2000, destinados a visitantes ou habitantes; así como na Sinalizacións de camiños e sendas sempre que contribúa a aumentar o coñecemento dos valores naturais ou facilite o percorrido no dito espazo.

 

 

Ano

2021

Tipoloxía

Tipoloxía

Concello de Forcarei

630 61 95 84

ecoplanin@gmail.com

Tercio de Afora nº9
36204 Vigo

Ecoplanin xestión e información ambiental S.L. · Todos os dereitos reservados