Adecuación Cruceiro da Bica en Rañadoiro

Proxecto para axeitar a contorna dun cruceiro moi emblemático da parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. Retranqueouse o peche mediante unha ampliación da parte superior do valado de pedra. O resultado foi satisfactorio para o conxunto dos veciños de Rañadoiro que se amosaron moi implicados na actuación. As accións de eliminación foron as previstas: eliminación peche de rede, eliminación arco de ladrillo, substitución da cancela de madeira e eliminación ferros da placa desaparecida. O valado lateral precisou da ser desmontado e volto a levantar debido ao seu estado. Engadíronse pedras de maior tamaño da mesma cor e gran das existentes. Os encintados realizáronse buscando a maior integración. Foron tamén consolidados, limpados e encintados valados próximos ao cruceiro; isto aínda que non estaba contemplado no proxecto foi solicitado polos veciños. A súa demanda foi atendida ao obedecer aos mesmos obxectivos de mellora da contorna do cruceiro. O peche tivo que realizarse ao final no conxunto dos límites da finca e sendo compatible coa función de controlar a saída de animais da propiedade.

Ano

2020

Tipoloxía

Tipoloxía

A.V. Rañadoiro

630 61 95 84

ecoplanin@gmail.com

Tercio de Afora nº9
36204 Vigo

Ecoplanin xestión e información ambiental S.L. · Todos os dereitos reservados